Venda de ameixas da Ría de Arousa

A ameixa é un marisco bivalvo que vive na area nas zonas intermareales e soporta ben a baixamar.

A ameixa consegue o seu alimento por filtración da agua do mar, sendo o verán a estación na que filtran máis auga, o que xunto cas temperaturas máis elevadas causa un maior crecemento destos bivalvos. Podemos constatar dito crecemento polas estrías nas súas conchas.

O seu cultivo realízase en parcelas chamadas viveiros ou en bancos naturais e precisa o coidado e oxixenación dos fondos mariños, eliminando algas e depredadores, como as estrelas de mar. As correntes mariñas favorecen o seu desenvolvemento e crecemento.

Existen varios tipos de ameixas, diferenciándose apenas no seu aspecto e morfoloxía pero non nas súas propiedades nutritivas. Péscase con rastrillo a flote, ou a pé nas zonas donde se cultiva en viveiros, igual que o berberecho.