Venda de mexillóns da Ría de Arousa
O mexillón é un dos moluscos bivalvos estrela tanto polo seu valor nutricional como pola súa asequibilidade. É un dos moluscos máis filtradores, sendo capaz de bombear ou filtrar hasta 1/2 litro de auga por hora, acumulando así gran cantidade de fitoplancton e sustancias orgánicas. O Mytilus galloprovincialis, que é a súa denominación científica abunda sobre todo en augas superficiais do litoral e sublitoral.
O mexillón é rico en proteínas, calcio e minerais, sobre todo ferro, selenio e zinc. En Galicia o mexillón cultívase en explotacións flotantes, as características bateas, que abundan sobre todo na Ría de Arousa.
O procedemento é sempre o mesmo: recóllese a semente das cordas colectoras ou en bancos naturais (rocas batidas polo mar na costa), e encórdase con unha malla de nailon de forma que non se desprenda. Ao cabo dun ano obtense utilizando embarcacións mecanizadas con grúa adaptadas.