Venda de marisco depurado en A Illa de Arousa

Ameixas

Berberechos

Mexillóns

Ofrecendo sempre o mellor marisco das Rías Galegas

Aurelio Silva Abalo, S.A. somos unha empresa depuradora de bivalvos con sede en A Illa de Arousa e levamos 50 anos traballando no sector.

Dende os nosos comezos, Aurelio Silva Abalo, S.A. dedicámonos sempre á venda de marisco depurado, servindo a grandes distribuidores e maioristas de mercados centrais.

Nos nosos comezos, xa que estamos falando da terceira xeración da empresa, atendíamos a demanda de zonas do interior de España, o produto non podía chegar se non era cocido, debido a precariedade dos medios de transporte naquel entón. Hoxe, nunhas horas, o produto sitúase nos mercados de Italia ou Francia, despois de cumprir sempre a normativa que regula a súa depuración e expedición.

Estamos vinculados coa denominación de orixe protexida do mexillón

Seriedade e compromiso

É precisamente a rigorosidade no cumprimento de tódolos requisitos previos á venda de mariscoameixa, mexillón e berberecho – o que reportou durante os últimos 30 años a reputación de Aurelio Silva Abalo, S.A. como empresa seria e comprometida co sector, como referente de traballo ben feito.

Instalacións

Alcanzar unha alta cota de satisfacción por parte dos nosos clientes é froito da nosa experiencia e dedicación durante anos. Para lograr este obxectivo fomos ao longo de todo este tempo adaptando as nosas instalacións para que o noso produto esté nos mercados en condicións ideais.

Fábrica de xeo propia

Para transportar os nosos produtos tanto a mercados nacionais como internacionais o transporte realízase en camións frigoríficos. Algúns produtos como o mexillón vai recuberto cunha capa de xeo para mellorar as condicións de transporte. É por iso que contamos cunha fábrica de xeo propia e cámara frigorífica de conservación para manter a trazabilidade nas épocas de verán.