A Illa de Arousa
A Illa de Arousa está situada no corazón da Ría de Arousa, un enclave privilexiado que lle outorga a súa privilexiada orografía e clima. É o municipio máis novo de Galicia, dende que se independizou de Vilanova en 1996.
A súa superficie aproximada é de 7 km., dos cales apenas 2 están habitados, xa que o resto da súa superficie está protexida. A súa orografía, á que antes aludíamos, é suave xa que o vento do Norte erosionou de forma constante as súas zonas altas.
Dende diferentes puntos da Illa divisamos unha ou outra marxe da Ría de Arousa, aínda que só está unida ao Val do Salnés por unha ponte de 2 km. de lonxitude, o máis grande do mundo cas súas características, e que proporcionou unha maior calidade de vida aos seus 5.000 habitantes, sen deixar de ser un remanso de beleza e quietude no medio do Atlántico.
Estamos instalados en A Illa de Arousa dende 1985, ano no cal se construiu a ponte que hoxe en día permite o acceso á illa.
Ademais das súas praias A Illa de Arousa conta con paraxes naturais de especial beleza. Pasear por eles fará que se sinta nun lugar único na Ría de Arousa e dos máis especiais de Galicia.